GRUPOS DE LACTANCIA:
Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego,
é unha asociación sen ánimo de lucro baseada nos grupos de apoio mutuo e
na atención especializada.
Ofrecemos vountariamente o noso tempo co fin de recuperar e normalizar a
lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións
informadas e creando espazos de intercambio de experiencias, inquietudes e
dúbidas. En termos xerais, promovemos a concienciación da sociedade sobre
a importancia dunha crianza consciente e saudable.
A asistencia as reunións e LIBRE E GRATUÍTA (non é
preciso inscripción previa). Crianzas e acompañantes son sempre benvidxs.Revisa o noso facebook para estar o tanto das reunións e de posibles cambios por cuestions organizativas.
A CORUÑA: 1º e 3º sábado de cada mes (11:00-13:00h)
Centro Cívico de Castrillón. Praza Pablo Iglesias, s/n
MILLADOIRO: 4º mércores de cada mes (10:00-12:00)
Casa da Cultura do Milladoiro. Travesía do Porto (o lado do pabellón municipal) 1º andar
VIGO: 1º e 3º xoves de cada mes (17:00-19:00h).
Local da Asociación de Veciños Novo Vigo. Rúa Teixugueiras, nº 11, portal 6, oficina 9B (Navia, detrás de CC.OO.)
GRUPOS DE PORTEO:
Reunións non dispoñibles temporalmente.
Vigo (Pontevedra)
Reunións non dispoñibles temporalmente.
Continuamos cos servizos de préstamo de portabebés só para SOCIAS, podes consultar aquí o material dispoñible.
Se tes algunha dúbida podes contactarnos a través de mail ou facebook.
Reunións non dispoñibles temporalmente.
Continuamos cos servizos de préstamo de portabebés só para SOCIAS, podes consultar aquí o material dispoñible.
Se tes algunha dúbida podes contactarnos a través de mail ou facebook.
Os obxectivos dos grupos de porteo son:
- Difundir e fomentar o uso de portabebés na sociedade
- Brindar información fiable e actualizada sobre portabebés (porteo ergonómico e porteo seguro)
- Favorecer oportunidades para o contacto e a aprendizaxe mutua entre familias, mediante o intercambio de experiencias e de material.
- Facilitar o acceso a diferentes tipos de portabebés, co acceso a un fondo de préstamo (servizo para familias socias).
Síguenos en facebook!!! Grupo de porteo Teta e Coliño