Axenda Grupos lactancia e porteo

GRUPOS DE LACTANCIA:

Teta e Coliño, Asociación de lactancia e crianza con apego, é unha asociación sen ánimo de lucro baseada nos grupos de apoio mutuo e na atención especializada.

Ofrecemos vountariamente o noso tempo co fin de recuperar e normalizar a lactancia materna e a crianza con apego, favorecendo a toma de decisións informadas e creando espazos de intercambio de experiencias, inquietudes e dúbidas. En termos xerais, promovemos a concienciación da sociedade sobre a importancia dunha crianza consciente e saudable.

A asistencia as reunións e LIBRE E GRATUÍTA (non é preciso inscripción previa). Crianzas e acompañantes son sempre benvidxs.

Revisa o noso facebook para estar o tanto das reunións e de posibles cambios por cuestions organizativas.

A CORUÑA: 1º e 3º sábado de cada mes (11:00-13:00h)
Centro Cívico de Castrillón. Praza Pablo Iglesias, s/n 

MILLADOIRO: 4º mércores de cada mes (10:00-12:00)
Casa da Cultura do Milladoiro. Travesía do Porto (o lado do pabellón municipal) 1º andar


VIGO: 1º e 3º xoves de cada mes (17:00-19:00h). 
Local da Asociación de Veciños Novo Vigo. Rúa Teixugueiras, nº 11, portal 6, oficina 9B (Navia, detrás de CC.OO.) 


GRUPOS DE PORTEO:


Bertamiráns (Ames- A Coruña)
Reunións non dispoñibles temporalmente. 

Vigo (Pontevedra)
Reunións non dispoñibles temporalmente. 


Continuamos cos servizos de préstamo de portabebés só para SOCIAS, podes consultar aquí o material dispoñible.

Se tes algunha dúbida podes contactarnos a través de mail ou facebook.

Os obxectivos dos grupos de porteo son: 
  • Difundir e fomentar o uso de portabebés na sociedade
  • Brindar información fiable e actualizada sobre portabebés (porteo ergonómico e porteo seguro)
  • Favorecer oportunidades para o contacto e a aprendizaxe mutua entre familias, mediante o intercambio de experiencias e de material.
  • Facilitar o acceso a diferentes tipos de portabebés, co acceso a un fondo de préstamo (servizo para familias socias).

Síguenos en facebook!!! Grupo de porteo Teta e Coliño