Durante a xornada aprendimos cómo facer,neste caso,un álbum de fotos en forma de acordeón,usando materiais reciclados, papeis e cintas que sempre temos na casa, pegatinas,...
Mentres as voluntarias nos explicaban cómo usar os materiais, os pequerrechos xogaban con algúns instrumentos musicais,e de fondo soaba a música "Non hai berce coma o colo", arrolos tradicionais procedentes de puntos diversos da xeografía galega.
O resultado foi moi satisfactorio,e así xa temos algunha idea máis de agasallo artesanal e barato.