sábado, 28 de octubre de 2017

Semana Europea da Lactancia Materna e da Semana Internacional da Crianza en Brazos 2017


O lema da SELM neste 2017 foi “Construíndo alianzas para PROTEXER a lactancia materna. Polo ben común, sen conflitos de interese”. Deixámosche a ligazón onde o explica:



E como non hai teta sen colo e viceversa, durante estes inicios de outubro celébrase tamén a “Semana Internacional da Crianza en Brazos”, lanzada pola Asociación Babywearing International. Este ano co lema “Entrelazados”. A inspiración para o título vén dos diferentes tipos de fíos que se empregan no proceso de elaboración dos portabebés. Todos estes fíos, unha vez entrelazados e combinados crean os materiais do mesmo xeito que as persoas e grupos de todo o mundo se entrelazan para crear unha comunidade global de porteadores.

En Teta e Coliño unímonos as celebracións desta semana tan importante para nós mediante xogos, debates, reunións con actividades moi especiais e como broche final co SORTEO do libro “Somos la leche” de Alba Padró.



Nas redes sociais disfrutamos dunha serie de actividades das que vos facemos un resumo:

Día 1: Propuxemos a pregunta: Que te aporta ou aportou a lactancia ou o porteo á túa vida? 

Tivemos respostas de tódolos tipos que coincidiron, tanto en porteo como na lactancia, nos seus beneficios: benestar, tranquilidade, complicidade e infinito amor.

Aínda que tamén tiveron cabida as complicacións (caos, estrés, dor, mastite...) que quedan nun segundo lugar polos momentos máxicos que traen con elas.

Día 2: Tivo lugar un debate en base ao artigo:

Todo vale para protexer a lactancia materna?

As respostas coincidiron en que o importante é estar ben informados e en base a iso tomar a mellor decisión.

Día 3: Grazas á colaboración das familias amigas de Teta e Coliño puidemos elaborar escalas de situacións e sentimentos de porteo e lactancia, nas que as/os usuarias/os das nosas redes puideron pasar un bo rato sinalando nas imaxes cómo se sentían nese día :)




Día 4: Abrimos outro debate: Existen os "portabebés ergonómicos"? Un portabebés axeitado e mal empregado, pode denominarse ergonómico?
Que é a ergonomía? Basta con que o bebé vaia ben colocado? Que ocorre co porteador? E específicamente, co solo pélvico da mamá?.

Gustáronnos moito as respostas, que coincidiron en que un portabebé, sexa o que sexa, mal empregado non se pode calificar de ergonómico. Sempre hai que buscar ergonomía e seguridade para o fillo pero tamén para o porteador.

Día 5: O xogo das Tetapelis: 
Consistía en cambiar unha das palabras do título de películas conseguindo títulos tan divertidos como: "A teta é bela", "Bailando con tetas", "Resacón nas tetas", "Mulleres ao borde dun ataque de tetas"...



Día 6: Debate: aleitar en público ou en espazos destinados a iso.
Credes que se deben crear máis espazos como as salas de lactancia en lugares como centros comerciais, grandes tendas, concellos...?


A maioría das respostas foron que estes espazos non serían precisos se a lactancia estivese máis normalizada, aínda que seguen sendo necesarios xa que moitas nais prefiren ese lugar de tranquildade e intimidade á hora de aleitar

Aproveitamos este sexto día para facer o xogo do trivial para poñer a proba os coñecementos das interesadas no porteo. Foi unha gran maneira para aprender sobre o porteo entre todas.


Día 7: Rematamos esta semana pedindo que se compartira algunha canción que recordara algún momento da lactancia ou porteo.

Saíron canións como: "un barquito chiquitito", "kind of blue", "5 lobiños", "A teta", "parte míña", "a rá cantaba debaixo da auga", "leite con mel"...


E por último e non menos importante adicamos as reunións presencias desa semana para facer unha celebración da SELM e da SICB.




Entre as actividades realizadas tivemos:

- A pintada do cartel co logo da asociación conmemorando esta semana.





- Lectura colectiva de relatos sobre lactancia e porteo.





- E de colofón final da reunión fixemos cos máis peques uns imáns onde quedaron reflexadas as emocións que espertan en nós a crianza dos nosos bebés. Quedaron moi feitiños.



E nada mellor que un doce especial para acompañar as xornadas.


Ao rematar esta semana fixemos o sorteo do libro de Alba Padró e a gañadora foi Carla, que quedou moi contenta co agasallo.


Non queremos deixar de dar as grazas a todas e todos aqueles que fixeron posibles as actividades desta semana, é pola súa axuda que podemos seguir sendo unha gran asociación.

jueves, 26 de octubre de 2017

Obradoiros de setembro na sede de A Coruña

Durante o pasado mes de setembro Teta e Coliño na sede da Coruña contou con dous profesionais sanitarios que nos falaron sobre temas que nos preocupan ás familias: os anticonceptivos e a fisioterapia respiratoria.


O sábado día 23 de setembro varias familias puidemos disfrutar dunha charla sobre anticonceptivos e lactancia materna. Alba, matrona, falounos sobre os diferentes métodos anticonceptivos existentes, como os de barreira, os naturais e  hormonais, así coma a compatibilidade coa lactancia. Coñecerse a sí mesmas, observando e palpando os nosos xenitais, sería de gran axuda para poder probar os diversos métodos de forma axeitada e despois poder elexir o que máis nos convén.
Ademáis saíu o tema do "abandono" que sufre a muller no puerperio, cando durante o embarazo foi tan controlada. Coidar o solo pélvico, evitar episiotomías innecesarias e, sobre todo, que a muller teña a información adecuada,é clave para a recuperación postparto, o que lle permite tomar decisións e sentirse empoderada.




Por outro lado, o último sábado de mes, contamos coa presenza de Manuel, fisioterapeuta do Centro de Fisioterapia Marineda, que nos falou sobre a importancia da aplicación da fisioterapia respiratoria en determinadas patoloxías, centrándose na bronquiolite (patoloxía respiratoria máis común en menores de 24 meses de idade)
Contounos que xa fai anos que están desbotadas as técnicas tradicionais,coma o clapping, a drenaxe postural,as vibracións,... aclarando que non é preciso provocar o vómito ós cativos para que expulsen o moco, simplemente o expulsarán eles mesmos pola boca ou o tragarán e irá o estómago,e desde alí se desbotarán.
Falou sobre a prevención, a existencia das guías da práctica clínica, os diferentes medicamentos usados (non sempre prescritos xustificadamente,xa que en xeral hai un "abuso" no uso dos antibióticos), dunhas medidas sinxelas para casa e dos lavados nasais,entre outros.
Finalmente mostrounos como eles realizan as técnicas de fisioterapia respiratoria, coma por exemplo, a espiración lenta prolongada e o bombeo traqueal espiratorio, técnicas que non causan dano nos nosos pequenos.



Agradecemos a presenza destes profesionais na nosa asociación, e esperamos contar con eles noutras ocasións.

viernes, 20 de octubre de 2017

Obradorios de Setembro 2017 na sede de Vigo

OBRADOIRO COMPATIBILIDADE TRABALLO-LACTANCIA 

Dirixido pola voluntaria Antía López Arce, a cal mostrou ter un amplo coñecemento do tema e o trasladou a través de numerosos recursos gráficos (tipos de sacaleites, vídeos de extracción manual, etc), sen esquecer os recursos físicos (sacaleites, vasiños, biberóns, etc) que se atopan a disposición das familias socias para préstamo.

Achegáronse familias que están a piques de pasar esta difícil etapa da lactancia e creouse un ambiente agradable no que as familias puideron resolver as súas dúbidas, tanto de extracción e conservación para formar un banco de leite propio, como de formas de administración do leite aos bebés durante a ausencia da mamá.

Compartíronse experiencias e sobre todo sentiuse un gran apoio para afrontar esta etapa.




OBRADOIRO ACOMPAÑANDO AS EMOCIÓNS EN FAMILIA

Impartido por Xoana Pintos Castro, voluntaria da asociación, a cal fixo desa tarde un gran día para ampliar coñecementos no campo das emocións de forma entretida.

Comezou a Charla co Conto para pensar de Jorge Bucay "Darse cuenta" para lembrar que o acompañamento emocional é una carreira de fondo, na que nos equivocaremos en moitas ocasións, pero na que os resultados se verán a longo prazo.

Logo procedeuse a explicar cómo se procesan os estímulos e a súa resposta. 
Cando recibimos un estímulo a través dos sentidos e a mensaxe (linguaxe), o noso cerebro o procesa e emite unha resposta. A resposta pode ser impulsiva (aquí só xogarían as hormonas e o noso cerebro emocional) ou unha resposta aprendida (aquí xogan as nosas crenzas e a nosa experiencia vital). O estrés pode afectar xa que cando é continuado, fainos segregar hormonas que nos fan ser máis impulsivos.




Por todo isto, é importante ser conscientes da nosa propia carga emocional e comezar por nós mesmas, abordando as nosas crenzas, e tomando consciencia dos nosos corpos, das nosas propias emocións.

Seguidamente, puidemos comprobar a complexidade que entraña recoñecer as emocións  mediante xogos, poñer en práctica ferramentas como mindfulness e finalmente fixemos una chuvia de ideas de cousas que podemos facer cando nos enfrontamos a un estalido emocional das nosas crianzas.





Grazas as poñentes por estes obradoiros, polo seu tempo e dedicación para ir mellorando nos nosos coidados dos máis queridos para nós, os nosos fillos