viernes, 22 de septiembre de 2017

Construíndo o noso camiño na SMLM 2017

En Teta e Coliño celebramos a Semana Mundial da lactancia Materna 2017

"Construíndo alianzas para PROTEXER a lactancia materna. Polo ben común, sen conflictos de interese"
Ese é o lema da Alianza Mundial pola lactación materna (WABA) para celebrar a SMLM deste 2017 (do 1 ao 7 de agosto do 2017).


Dende Teta e Coliño apoiamos esta iniciativa e procuramos encamiñar tódalas nosas accións nese obxetivo compartido, porque tecermos alianzas a tódolos niveis, incluíndo o institucional e gubernamental, consideramos que isto é esencial.
Porén non podemos perder de vista que é básico e fundamental tecer esas alianzas pola base, a principiar polo noso entorno máis inmediato. Alianzas entre nós, nais, pais e familias, para conseguirmos entre tod@s sumar esforzos e capacidades na protección, promoción e apoio da lactancia materna.



Dende Teta e Coliño quixemos ser partícipes durante toda esa semana mediante unha serie de xogos, compartidos a través de facebook e twitter con debates e historias compartidas que tiveron moi boa acollida. Aqui deixamos un pequeno resumo;

Día 2Xogo do 1,2,3 responda outra vez.
Por 1 TETAPUNTO: que che aporta/aportou a ti e ao teu fillo a lactancia materna...

Encantáronnos tódalas respostas: unión, felicidade, complicidade, aumento da autoestima...e sobre todo a que máis se repetiu dito de tódalas maneiras: AMOR.

Día 3Debate proposto a raíz dunha enquisa que publicou unicef nas redes sociais.


¿Quen debe apoiar a nai para que poda dar o peito?
- A familia
- O goberno
- No traballo
- Tódalas respostas anteriores

Case tódalas respostas foron unánimes: tódalas respostas pero empezando desde o apoio máis inmediato, a familia e amigos.

Día 4: Debate en base ao Código internacional de comercialización de sucedáneos do leite materno.


O Código é un conxunto de recomendacións dirixidas a regular a comercialización dos sucedáneos do leite materno, biberóns e tetinas. Pretende frear a comercialización agresiva e indebida destes sustitutos.

En base a isto: ¿Sabíades que as típicas canastiñas que ofrecen durante o embarazo incumprirían o código?
¿Qué influencia credes que pode ter este tipo de agasallos no establecemento da lactancia?

Grazas polas vosas respostas as cales coincidiron en que todavía falta moita información respecto a lactancia desgraciadamente.

Día 5: Comparte a túa historia: Posturas para Aleitar.

¿Quen non disfrutou/"sufriu" nos seus inicios na lactancia? ¿Cal era ou é a vosa postura favorita?
Tivestes momentos de choros, risas ou ámbalas dúas cousas durante o aleitamento?

Grazas por compartir eses momentos íntimos da vosa lactancia.

Día 6: Xogo Trivial encadeado.
Escríbe unha afirmación referente á lactancia materna e responder se é verdadeira ou falsa e explicalo.
A persoa que respondía debía poñer unha nova afirmación para poder seguir o xogo encadeando, de este modo, moitas respostas.

Sodes unha fonte de coñecementos deste tema, sen dúbida.

Día 7: Para AGRADECER todo o ese apoio nesta semana e sempre as familias que nos acompañan e se animaron a participar, decidimos agasallar @s nos@s usuari@s mediante o sorteo dun broche moi acorde coa SMLM.



Pois a gañadora do broche quixo compartir con nós canto lle gustou a súa peque de 4 anos o regalo e compartiu con todas nos a súa foto.
Encántanos como lle queda, ¿e a vós?

En resumo: A lactancia materna é un dereito humano que debe ser protexido, ao fin e o cabo é unha tarefa de tod@s.



Do mesmo modo tamén compartimos os obxectivos establecidos por esta organización (IBFAN: Red Internacional de Grupos de Acción pro Alimentación Infantil):
- Unificar o apoio do gobernos e distintos sectores da sociedade para PROTEXER, PROMOVER E APOIAR a lactancia materna.
- Construír alianzas sen conflitos de interese para fortalecer as políticas e programas de lactancia materna e alimentación infantil.
- Mobilizar e desenvolver accións para a protección, promoción e apoio da lactancia materna e de prácticas apropiadas da alimentación infantil.
E só se poden acadar, fortalecendo a implementación de políticas e programas de promoción da lactancia materna e financiándoos adecuadamente. Así como, actuando tanto a nivel dos sistemas nacionais de saúde como das comunidades e familias, cumprindo as leis e normas de protección da maternidade e esixindo que as corporacións de alimentos infantís cumpran coas súas responsabilidades.
O que é certo e que todo isto só o conseguiremos se o apoio comeza dende nós, xa non só por nós mesma senon polas nosas crianzas e as xeracions vindeiras. Polo que, toca dar un paso ao fronte e defender o que é noso.

Dentro duns días (do 1 ao 8 de Outubro) terá lugar a semana Europea da Lactancia Materna e a Crianza en Brazos, estade atentos o mail e as redes sociais que haberá algunha sorpresiña.