miércoles, 16 de agosto de 2017

Parte da nosa Andaina na sede de Vigo 2017

Neste ano 2017 tiveron lugar varias charlas, obradoiros e eventos dos que puideron disfrutar tanto as familias socias de Teta e Coliño como as familias amigas da Asociación.

En Maio tivo lugar o Obradoiro de Amigurumi, no que durante 3 sábados, principiantes e non tan principiantes puideron desfrutar coa arte do ganchillo facendo coellos con axóuxere para os seus pequechos.










Este obradorio non só serviu para que as socias anotadas ao obradorio aprenderan a facer bonecos con ganchillo senon que descubriron que mediante o ganchillo se poden tanto descargar tensións acumuladas durante o día (mediante a calceta) coma compartir unha tarde moi agradable con outras nais mentres os pequerrechos xogaban entre eles.

En xullo, por exemplo, desfrutamos da charla: 'Acompañando o destete'. Aquí se intentou informar e resolver tódalas dúbidas sobre esta etapa que pode chegar en calquera momento da crianza.

Como xa sabedes, e comprobamos no obradoiro, a situación de cada familia é un mundo, polo que se vos atopades no proceso de destetar ou se máis adiante vos adentrades nesa nova etapa, lembrarvos que podedes contar con nós para resolver calquera dúbida, realizar asesoría individual e poder crear un plan personalizado. Non dubidedes en escribir ou chamar a calquera das nosas asesoras.

Foi un verdadeiro pracer que se creara un espazo de confianza no que tod@s tivemos a oportunidade de aprender do grupo.

E non nos esquecemos de falarvos do Evento que tivo lugar en Navia (evento V Navia Parque D’Arte xuño 2017)
Fomos convidadas pola Asociación de Veciños NovoVigo de Navia (www.avvnovovigo.org/), que tamén nos ceden os seus espazos para levar a cabo as reunións periódicas e a maioría das nosas actividades en Vigo. Nesta ocasión, a nosa asociación participou cun posto de información no que se puido achegar a nosa asociación tanto aos veciños de Navia coma a todo aquel que se acercou ao lugar nese día.







Grazas a tódalas familias que dun xeito ou doutro participáchedes das actividades (ordinarias ou extraordinarias) que con tanta ilusión esta asociación organiza para vós. Agardámosvos nas seguintes, estade atentas a blogue, redes sociais e telegram!

miércoles, 2 de agosto de 2017

Un ano máis compartindo inquedanzas. Resumo actividades sede A Coruña 2017

Foi este un ano intenso, cheo de encontros, charlas e actividades. Dende aqui agradecer a todas as socias, voluntarias, familias amigas, mamás e crianzas que nos acompañan reunión tras reunión e que fan que todo isto teña sentido.
Aqui queda mostra do camiñado neste fermoso ano no que, con apoio mutuo e un sorriso, todo foi posible.

En setembro comenzose o curso cun OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN AUTORREGULADA POLO BEBÉ, eran moitas as familias que lles comezaba a soar esas iniciais (BLW) e querían coñecer e compartir. 
Saber cando e como se deben comezar a ofrecer alimentos. Comprender a importancia da
autorregulación. Resolver dúbidas sobre a compatibilidade entre lactancia materna, alimentación
complementaria e reincorporación ó traballo. Distinguir os erros frecuentes e saber como evitalos.
Desbotar mitos. Tomar conciencia da necesidade de transmitir unha visión positiva sobre a comida.
Aprender a maneira de levar á práctica o Baby Led Weaning e revisar os modelos en como lle ofrecemos os alimentos os nosos peques. Foi impartido por Noemí Uzal, asesora de lactancia e voluntaria na nosa asociación.
Dado a demanda esta charla repetiuse tamén en novembro e en xullo do 2017.

En outubro realizouse unha  CHARLA INFORMATIVA LACTANCIA MATERNA, actividade realizada dentro la semana europea da lactancia materna. Proporcionar información acerca das actividades da asociación, así como do lema deste ano, que é “Lactancia materna:clave para el desarrollo sostenible”

Tamén neste mes puidemos contar coa presentación do libro de  Sylvie Riesco “LA MAGIA DE LA LECHE. HISTORIAS DE AMOR CON MUCHO SABOR” Libro presentado pola propia autora que é mamá e asesora de lactancia.

En outubro continuamos cunha CHARLA PARTO RESPECTADO Na que puidemos achegarnos a comprender o parto como proceso fisiolóxico. Adquirir a existencia de recursos para un parto respectado: Estratexia de Atención ó parto normal, presentación do Plan de Parto. Achegarse á situación actual do parto en Galicia: maternidades dos hospitais, Hospital IHAN, parto domiciliario. Foi presentada pola matrona Silvia Álvaro.

En xaneiro ampliamos coñecementos cunha CHARLA DE COIDADOS BUCODENTAIS NOS NOSOS NENOS  na que se aclararou a relación entre lactancia materna e as caries. Valorar a importancia que ten os bos
hábitos hixiénicos. Saber cando acudir o odontólogo. Actualización según os últimos estudos científicos. Foi a odontóloga Patricia Aneiros quen nos transmitiu un montón de cousas.

Moitas veces escoitamos falar de OSTEOPATÍA PEDIÁTRICA sen saber moi ben a que se refire en xaneiro tivemos o pracer de contar con Silvia Cerdeiras, fisioterapeuta e osteópata na que nos informou sobre as distintas patoloxías dos bebés susceptibles de tratamento osteopático.

Grazas a Tania Iglesias, asesora de porteo e de lactancia, asdemáis de voluntaria na asociación informou as familias sobre  o PORTEO EN VERÁNAclararando que é o porteo ergonómico. Tipos de portabebés e elección dos máis axeitados segundo a idade do bebé e de cara ó verán. Probar e colocar de forma axeitada ó bebé no portabebés. Puidose compartir valiosa información e probar os distintos portabebés que a asociación posee en préstamo.

En xuño tivemos un fermoso TALLER CREATIVO E CONTACONTOS “LA ORUGA GLOTONA” levado a cabo por Ana Guinguel, ilustradora. No que aprendemos a traballar con arxila moldeable, facendo nesta ocasión a oruga e a mariposa do conto, ademáis de colorear outros elementos presentes no relato (actividade para adultos, mentres os seus cativos xogaban con area e plastilina comestibles). Unha bonita actividade en famila na que coñecimos o conto a través do feito no obradoiro.
E chegada a calorciña realizáronse  REUNIÓNS Ó AIRE LIBRE no que se trataron temas de lactancia, porteo e crianza nun entorno máis natural e relaxado.