viernes, 28 de julio de 2017

Taller BLW na Coruña. Xullo 2017


A alimentación autorregulada polo bebé (baby led weaning)é a forma máis natural en que os bebés poden comezar a alimentación complementaria, xa que o seu obxectivo é que os nenos aprendan a comer sólidos disfrutando deles, tal e como o fai o resto da súa familia. 
Parece que nos últimos anos aumenta o interese por este tema, aínda que as recomendacións en canto a nutrición infantil son moitas veces anticuadas e carecen de consenso entre os expertos.


O pasado sábado 29 de xullo organizouse unha charla impartida por mamás voluntarias de Teta e Coliño, na que asistiron unhas 12 familias socias cos seus pequenos.
Primeiro de todo falouse sobre temas xerais da alimentación complementaria, e despois xa se centrou no tema principal. Comentáronse varias cousas, coma, por exemplo, formas de presentar os alimentos, alerxias, compatibilidade coa lactancia artificial, diferenzas entre arcada e atragantamento, ... 
Para rematar a actividade as asistentes puxémonos en círculo e comentamos dúbidas específicas, e as nais voluntarias contaron a súa experiencia coa aplicación do BLW.
Para completar o obradoiro recomendáronse a lectura dunha serie de libros que amplían a información grazas a recoñecidos expertos na materia que se basan en estudos científicos:
 “Aprender a comer solo”, Lidia Folgar
- “El niño ya come solo”, Gill Rapley.
- “Mi niño no me come”, Carlos González
- “Baby – Led weaning: 70 recetas para que tu hijo coma solo”, Begoña Prats.
- “Se me hace bola” , Julio Basulto.
- “Mamá come sano”, Julio Basulto.

Lembrar que temos a nosa Biblioteta algúns destes libros para préstamo exclusivo para SOCIAS con dúas semanas de duración.

Outra información de interese:
- Web Lidia Folgar: https://www.lidiafolgar.es/blog/
- Conferencia youtube Carlos González "Alimentación infantil libre de papillas"
- Charla youtube Carlos González, "La alimentación de tu bebé,consejos y recomendaciones"

Agardamos que fose de proveito para as familias presentes e que pronto teñamos novas de cómo foi evolucionando a relación dos vosos meniños coa comida. 
Grazas pola vosa asistencia.