martes, 29 de marzo de 2016

Nova sede Teta e Coliño: A Coruña


A ASOCIACIÓN TETA E COLIÑO anuncia con gran ilusión a próxima apertura dunha nova sede na cidade de A CORUÑA.

Gustaríache participar deste grupo? queres manterte ó día das novidades? anímaste a indicarnos que tipo de actividades che gustaría que organizasemos sobre lactancia e crianza con apego? 

Pois permanece atenta ós nosos canais de difusión! E para calquera cousa que nos queiras contar ou suxerir, escríbenos aquí: tetaecolinhocorunha@gmail.com
Grazas!


lunes, 28 de marzo de 2016

Obradoiro alimentación autorregulada - BLW en Milladoiro

A Asociación Teta e Coliño convídavos ó próximo obradoiro de alimentación complementaria, que estará centrado nas condicións fisiolóxicas e a autorregulación por parte do bebé. Falaremos do coñecido como "baby led weaning" que tanto éxito ten entre os nosos fillos/as.
Contemplaremos a nutrición como acto físico e tamén emocional, cultural e social. 
Compartiremos recomendacións, aportaremos bibliografía e coñeceremos as experiencias de varias familias.
E, por suposto, atenderemos dúbidas das asistentes.

Obradoiro gratuíto. Prazas limitadas, inscrición previa en tetaecolinho@gmail.com indicando: nome e apelidos de cada asistente, idade do bebé e socia/non socia.

Día: mércores 6 de abril 2016
Hora: 17:30h
Lugar: Casa de Cultura de Milladoiro (Ames - A Coruña). Avenida do Porto, s/n.

viernes, 18 de marzo de 2016

Charla primeiros auxilios

A asociación Teta e Coliño ofrecerá unha charla informativa sobre primeiros auxilios en bebés e nenos.

Abordaremos cuestións tipo a quen e onde acudir cando nos atopamos cunha urxencia, as novas TIC como recurso, manobras básicas de reanimación, atoramentos, febre, convulsións, reaccións alérxicas...

Será facilitado por Pepe Aguilera, enfermeiro do 061 Galicia e estará á vosa disposición para resolver todas as dúbidas que vaian xurdindo.

CHARLA GRATUÍTA
Prazas limitadas e inscrición previa no correo tetaecolinhovigo@gmail.com indicando:
-Nome e apelidos
-Socia ou non socia de Teta e Coliño

Día: venres 01/04/2016
Hora: 17:00h
Local: Vigosónico (Estrada do Portal s/n 36313- Vigo. Polígono Tecnolóxico de Valadares, ao lado do vial de baixada da Universidade

Obradoiro de porteo con RN e bebé pequeno (0-6 meses)

A asociación Teta e Coliño ofrecerá un obradoiro no que abordaremos as diferentes posibilidades para portear un bebé de poucos meses ou acabado de nacer.

Será facilitado por voluntarias de Teta e Coliño e veranse os diferentes tipos de portabebés que podemos empregar, así como a forma segura e ergonómica de facelo, tanto para porteador como para porteado.

OBRADOIRO GRATUÍTO
Prazas limitadas e inscrición previa no correo tetaecolinhovigo@gmail.com indicando: 
-Nome e apelidos
-Idade do bebé

Día: sábado 02/04/2016
Hora: 11:00h
Local: Centro cívico de Saiáns (Vigo) 

jueves, 3 de marzo de 2016

Obradoiro de compatibilidade lactancia-traballo en Vigo

A asociación Teta e Coliño ofrecerá un obradoiro no que abordaremos as diferentes posibilidades para compatibilizar lactancia e incorporación ó traballo remunerado.

Abordaremos cuestións relativas á extracción de leite, transporte, almacenamento e conservación (creación de bancos de leite caseiros), preparación e a súa administración ó bebé. 

Tamén percorreremos as dúbidas, sentimentos e reaccións máis habituais de nais e bebés neste momento vital.

Será facilitado por voluntarias de Teta e Coliño: asesoras de lactancia e nais con experiencia en compatibilizar lactancia e traballo.

OBRADOIRO GRATUÍTO
Prazas limitadas e inscrición previa no correo tetaecolinhovigo@gmail.com indicando: 
-Nome e apelidos
-Idade do bebé
-Socia ou non socia de Teta e Coliño
-Interese no obradoiro (algún tema en particular que che gustaría que tratasemos?)

Día: xoves 10/03/2016
Hora: 17:30h
Local: Asociación de Veciños Novo Vigo (Navia) 


martes, 1 de marzo de 2016

Cumprimos 5 anos


Hoxe fai 5 anos que tivemos a nosa primeira reunión, comezamos pouco a pouco e fomos crecendo moito ao longo destes anos, en moitos sentidos. Damos as grazas a todas as socias, á xunta directiva, voluntarias e ás familias que nos apoiades incondicionalmente. Tamén a quen nos cedeu neste tempo locais de forma gratuíta, en especial ao concello de Ames e á asociación Novo Vigo de Navia. E sobre todo a todos os bebés, que son o noso principal motor de esforzo e cambio. Sen todos e cada un de vós todo isto non sería posible. Grazas!