jueves, 30 de abril de 2015

Reunións de maio, sacaleites para préstamo e novas para as socias

A piques de comezar o mes de maio informámosvos das DATAS DAS REUNIÓNS para este mes.

¡OLLO! Cambio de data da Reunión de porteo por coincidir na ponte do primeiro de Maio, quedando fixada para o SÁBADO DÍA 9.

Ademáis, o venres día 22, ás 17:30 horas teremos en Vigo o "OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA".
Asociación Alento
Rúa da Pedra Seixa s/n
(Xunto ao centro de saúde de Navia)

REUNIÓNS MAIO

LUNS 4 - lactancia MILLADOIRO 16:30 h.
XOVES 7 - lactancia VIGO 17:00 h.
SÁBADO 9 - porteo SANTIAGO 11:00 h.
MARTES 12 - lactancia A ESTRADA 17:00 h.
MÉRCORES 13 - lactancia BERTAMIRÁNS 17:30 h.
LUNS 18 - lactancia MILLADOIRO 16:30 h.
XOVES 21 - lactancia VIGO 17:00 h.
VENRES 22 - lactancia VIGO "CHARLA AC" 17:30 h.
VENRES 22 - crianza TEO 18:00 h.
SÁBADO 23 - crianza TEO 11:OO e 16:00 h.
MARTES 26 - lactancia A ESTRADA 17:00 h.
MÉRCORES 27 - lactancia BERTAMIRÁNS 17:30 h.

NECESITAMOS SACALEITES

Como xa sabedes, en Teta e Coliño temos sacaleites en préstamo para as socias. Cómpre que renovemos e ampliemos o noso fondo de sacaleites, para o que hai unha partida de diñeiro destinada a tal fin, e queremos invertilo do mellor xeito posible. Se queredes vender os vosos sacaleites de gama media con poco uso (Medela dobre, Medela Swing, ou Avent eléctrico), ou sabedes de alguén que lle interese colaborar con nós, facédenos chegar a oferta por correo electrónico a tetaecolinho@gmail.com. Por suposto, tamén aceptamos doativos.

CARNÉS DE SOCIAS

Durante este mes, as socias que teñan a cuota ao día, recibiredes os vosos carnés de Teta e Coliño para poder presentar nas tendas e negocios amigos.
Máis informacion en http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/vantaxes-e-descontos-socias.html. Seguimos traballando para incorporar novas tendas e negocios amigos cos que conseguir descontos e vantaxes para as socias.

SE QIERES AXUDARNOS A AXUDAR podes facelo aquí http://tetaecolo.blogspot.com.es/p/axuda-axudar.html.

martes, 14 de abril de 2015

Reunións de abril

Este mes de abril coinciden na mesma semana Milladoiro (1º e 3º luns de cada mes) e Bertamiráns (2º e 3º xoves de cada mes):

​-​ ​Martes 14 abril: lactancia A Estrada.
- Xoves 16 abril: lactancia Vigo
- Luns 20 abril: lactancia Milladoiro
- ​Mércores 22 abril: lactancia Bertamiráns
- Venres 24: crianza Teo
- Sábado 25: crianza Teo
- Martes 28: lactancia A Estrada

Que disfrutedes cos/as peques das boas temperaturas e dos baños de sol moderados!!