jueves, 30 de octubre de 2014

Inauguración grupo de Vigo (Fotos)

O pasado 24 de outubro de 2014 tivo lugar a inauguración do grupo local Teta e coliño Vigo, que cumpriu as boas previsións de asistencia.

Durante o evento os asistentes asistiron á charla "Os grupos de apoio: maternidade consciente e apoio de nai a nai", ofrecida por Noelia Prieto, presidenta da Asociación. Posteriormente celebrouse o sorteo dun lote de libros sobre lactancia e crianza con apego.
A xornada rematou cunha pequena merenda compartida, mentres o equipo de asesoras atendía as consultas de lactancia das familias que así o requeriron.

Graciñas a todos os asistentes e as persoas que apoiaron esta iniciativa! estamos moi satisfeitas da acollida e esperamos seguir compartindo moitos máis momentos especiais coas familias viguesas que crían con apego.

Lembrámosvos que as reunións comezarán o vindeiro 6 de novembro. Terán lugar os primeiros e terceiros xoves de cada mes de 17 a 19h na Asociación de veciños Novo Vigo (Navia). A asistencia será libre e gratuíta, para todos os públicos.

Aquí vos deixamos unhas poucas fotos do evento! 


























viernes, 17 de octubre de 2014

Grupos de crianza

Teta e Coliño poñera en marcha este mes de outubro os seus esperados Grupos de Crianza: encontros de familias con nenas e nenos ata 6 anos.
Se a proposta che interesa, non perdas tempo!! os grupos xa case están completos.

OBXECTIVOS
Ampliar conciencia sobre o noso ser na familia, adquirir ferramentas para un mellor acompañamento ós nosos fillos, aprender a diferenciar o que é “noso” e o que é “dos fillos”, mellorar na comunicación para que sea respectuosa, educar con respecto, firmeza, cariño e xerar confianza na propias decisións.

METODOLOXÍA
Acompañamento desde a terapia Gestalt en grupo, para desde a “presencia”, o “darme conta” e o “responsabilizarme”, traballamos sobre a vivencia, os límites e a historia de cada un. 

CONTIDOS
Temas habituais: conflictos, soño infantil, alimentación, confianza, tipos de educación, acompañamento emocional, autorregulación, escolaridade, comunicación, autonomía, alternativas ó castigo, a propia infancia (dos pais), proxeccións, mecanismos de defensa, medos e conflictos internos das nais/pais.
Non se necesitará material específico de traballo, pero si se recomendarán lecturas básicas segundo o grupo vaia evolucionando.

FACILITADORA
Àfrica Albertí. Psicóloga, terapeuta Gestalt, especializada en psicoloxía da educación, intelixencia emocional, psicoloxía da actividade física e en maternidade consciente. Nai de dos nenos de 5 e 3 anos.

TEMPORALIDADE
Datas: outubro 2014 - xuño 2015. Unha sesión mensual (120-150 minutos).
o   Grupo 1: venres tarde (18h-20h): DISPOÑIBLES 3 PRAZAS!!!
o   Grupo 2: sábados mañá (11h-13h): COMPLETO

Comezo o 24 e 25 de outubro. Consulta no noso correo o calendario completo.

LUGAR DAS REUNIÓNS
Casa Común de Os Tilos (Teo)

COSTE E INSCRICIÓN
É imprescindible a inscrición previa
O pago realízase por adiantado (por trimestres, ou ano completo). O prezo por TRIMESTRES é o seguinte:
·         FAMILIAS SOCIAS: 30€ un adulto, 45€ dous adultos
·         FAMILIAS NON SOCIAS: 45€ un adulto, 60€ dous adultos

Ø Para inscricións e máis información: tetaecolinhocrianza@gmail.com


Grupo de traballo Crianza: Alicia Munín, Sandra Mateo e Sonia García


martes, 14 de octubre de 2014

Inauguración grupo de Vigo

Hai uns días xa vos adiantamos que faltaba pouco para ver cumprido un soño: contar cun grupo de apoio Teta e Coliño en Vigo. 

O día se achega! hoxe compartimos a boa nova de que Teta e Coliño ultima os preparativos para comezar as súas reunións viguesas.

Tomade nota dos datos da inauguración!!

Día: VENRES 24 de OUTUBRO
Hora: a partir das 17:00h
Lugar: local da Asociación Alento. Rúa da Pedra Seixa, s/n (ó lado do Centro de Saúde de Navia)
Como chegar: Local Alento

  • Charla "Os grupos de apoio á lactancia: maternidade consciente e axuda de nai a nai". Impartida por Noelia Prieto Gómez, fundadora e presidenta da Asociación.
  • Sorteo dun lote de libros de crianza

Tras este evento, Teta e Coliño comezará as reunións os primeiros e terceiros xoves de cada mes, na Asociación de Veciños Novo Vigo (Navia).

A Directiva de Teta e Coliño quere mostrar o seu agradecemento a:

-Todo o equipo Teta e Coliño implicado nesta nova sede, polas súas xestións e o seu apoio.

-A Asociación de Veciños Novo Vigo, pola cesión do local e todas as facilidades mostradas https://www.facebook.com/avv.novovigo

-A Asociación Alento, pola cesión da sala para a nosa inauguración. Nestes momentos Alento prepara a celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro). Convidámosvos a coñecer o seu importante labor: http://www.alento.org/




sábado, 11 de octubre de 2014

Reunións en A Estrada

A Asociación Teta e Coliño reanuda as reunións en A Estrada, no seu horario e sala habituais:
2º e 4º MARTES de cada mes, 17:00-19:00h.
Sala de Exposicións ABanca (Rúa Calvo Sotelo, nº 9)
As datas de reunión para outubro e novembro serán as seguintes:
  • 28 de outubro
  • 11 de novembro
  • 25 de novembro
 Como sempre, a asistencia é libre e gratuíta, para todo tipo de públicos. 

jueves, 9 de octubre de 2014

Encontro de Troco outubro 2014

SÁBADO 18 DE OUTUBRO 2014


Asociación de Veciños de Francos (Calo-Teo)


A Asociación Teta e Coliño celebra un novo Encontro de Troco. Podes traer doazóns ou lotes para trocar, recoller as túas reservas… ou simplemente, vir botar un ollo á exposición e facernos unha visita!

Se todavía non coñeces o banco ou queres ver o fondo actual, podes visitalo aquí: Banco de Troco Teta e Coliño

Se necesitas asesoría sobre lactancia, ou simplemente che apetece pasar un bo rato conversando sobre lactancia, crianza ou porteo, achégate e aproveita!!

Estaremos alí desde as 12:30 da mañá. Despois comeremos tipo picnic (dentro do local). Pola tarde continuaremos coa reunión.



Aviso 1. Imos necesitar voluntarias para a colocación e recollida da roupiña. Se podes colaborar en algo, avísanos! Gracias!! 
Aviso 2. Para socias: se algunha quere recoller o seu diploma de lactancia, ou ben levar en préstamo algún libro, avisade con antelación e volo levamos.

Asistencia libre e gratuíta. Nenas e nenos son moi benvidos.


COMO CHEGAR:

Desde Santiago
N-550 dirección Padrón
A uns 7 km desde Santiago, veremos o restaurante San Martiño (está á dereita)
Pasamos o restaurante, e xa atopamos o cruce para Faramello e Lampai
Saímos nese cruce á dereita e seguimos
A uns 200 metros seguimos a indicación do cartel de “Capela de San Martiño”, que nos desvía á dereita
O local está ó lado da capela.

Desde Padrón
N-550 dirección Santiago
Pasamos Picaraña. Onde remata o dobre carril de vehículos lentos, saímos á dereita (dirección Faramello, Lampai), para así cruzar ó lado esquerdo da Nacional
Imos dar a unha carretera comarcal, continuamos por ela.
A uns 200 metros seguimos a indicación do cartel de “Capela de San Martiño”, que nos desvía á dereita
O local está ó lado da capela.


Se te perdes, chámanos e tentaremos guiarte! teléfono 651111489

martes, 7 de octubre de 2014

Reunións en Ames

A Asociación Teta e Coliño reanuda as súas reunións en Ames, cos seguintes horarios:

-Milladoiro: 1º e 3º LUNS de cada mes, 16:30-18:00h

-Bertamiráns: 2º e 4º MÉRCORES de cada mes, 17:30-19:30h

O lugar de reunión será o habitual (aula de usos múltiples das respectivas Casas de Cultura).

As reunións de outubro serán o luns 20 (Milladoiro) e o mércores 22 (Bertamiráns).

Como sempre, a asistencia é libre e gratuíta, para todo tipo de públicos. 


sábado, 4 de octubre de 2014

Inauguración grupo de porteo (fotos)

Hoxe celebramos a nosa primeira reunión do grupo de porteo de Compostela, con gran éxito de asistencia. 
Os/as asistentes tiveron a oportunidade de contactar -ou reencontrarse- cou outras familias porteadoras da zona e compartir dúbidas e experiencias. Recibiron axuda práctica no uso dos seus propios portabebés, e tamén puideron probar outros diferentes (en especial fulares e bandoleiras).

Gracias a todas e todos!! en especial ás mamás que compartiron durante o evento os seus portabebés e a súa experiencia. 

Se che interesa unirte para a próxima vez, apunta a cita: verémonos de novo o sábado 8 de novembro.

Algunhas fotos:





Practicando o axuste do nudo canguro á espalda

Papá porteando con capulana