martes, 1 de julio de 2014

TROCO E REUNIÓN DE VERÁN 2014

SÁBADO 5 DE XULLO 2014

Asociación de Veciños de Francos (Calo-Teo)

Teta e Coliño celebra a súa tradicional reunión de verán, nesta ocasión coincidindo coa exposición do Banco de troco. 
Se todavía non coñeces o banco ou queres ver o fondo actual, podes visitalo aquí: BANCO DE TROCO 

Se necesitas asesoría sobre lactancia materna, ou simplemente che apetece pasar un bo rato conversando sobre lactancia e crianza, achégate e aproveita!!

 Estaremos alí desde as 12 da mañá. Despois comeremos tipo picnic (segundo a meteoroloxía, será na zona de céspede ó lado do parque, ou ben habilitaremos un espazo dentro do local). Pola tarde continuaremos coa reunión.

Aviso 1. Imos necesitar voluntarias para a colocación e recollida da roupiña. Se podes colaborar en algo, avísanos! Gracias!!  
Aviso 2. Para socias, se algunha quere recoller o voso diploma de lactancia ou ben levar en préstamo algún libro, avisade con antelación e volo levamos.

Asistencia libre e gratuíta. Nenas e nenos son moi benvidos.

 COMO CHEGAR:

Desde Santiago
N-550 dirección Padrón
A uns 7 km desde Santiago, veremos o restaurante San Martiño (está á dereita)
Pasamos o restaurante, e xa atopamos o cruce para Faramello e Lampai
Saímos nese cruce á dereita e seguimos a carretera
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San Martiño”
O local está ó lado da capela.

Desde Padrón
N-550 dirección Santiago
Pasamos Picaraña. Onde remata o dobre carril de vehículos lentos, saímos á dereita (dirección Faramello, Lampai), para así cruzar ó lado esquerdo da Nacional
Imos dar a unha carretera comarcal, continuamos por ela.
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San Martiño”
O local está ó lado da capela.

Se te perdes, chámanos e tentaremos guiarte! teléfono 651111489