martes, 13 de mayo de 2014

Charla en A Estrada: CLAVES PARA UNHA LACTANCIA EXITOSA

Teta e Coliño ofrecerá en A ESTRADA a súa charla "Claves para unha lactancia exitosa", o vindeiro martes 27 de maio, a partir das 17:30h.
O lugar será o seu local habitual de reunións: a sala de exposición de NovaGalicia Banco (rúa Calvo Sotelo).

A charla xirará en torno ó correcto establecemento da lactancia desde os seus inicios: contacto precoz e primeiras tomas, funcionamento do peito, produccion de leite, posición e agarre, prevención e resolución de posibles dificultades, etc.

Será impartida por Noelia Prieto, asesora de lactancia, doula e presidenta da Asociación.

Esta actividade é de especial interese para embarazadas e as súas parellas, nais e pais, persoal que traballe con estes colectivos, e en xeral calquera persoa interesada en aprender sobre lactancia.

A entrada é libre e gratuíta. Bebés e nenos/as son benvidos/as. 

FOTOS Charla parto na casa

Charla sobre o parto na casa. Impartida por Luna de Brigantia, equipo de matronas a domicilio (07/05/2014)





Dous bebés nacidos en casa botan unha parrafadiña

jueves, 8 de mayo de 2014

FOTOS Xornada de primavera: troco, porteo...

Xornada de primavera, con múltiples actividades (26/04/2014)


Participación no Cambio simultáneo de pañais de tea (sede non oficial para o Record Guiness).




IV Encontro do Banco de Troco (durante toda a xornada)
Obradoiro de iniciacion ó porteo, impartido por Noelia Prieto.




Diplomas de lactancia materna feliz, entregados polos bebés e nenas/os ás súas mamás.










Nenas, nenos e maiores tamén disfrutaron dos arredores do local nesta xornada. 

Pequena zona de céspede e merendeiro, tras o local



FOTOS Charla Primeiros Auxilios

Charla de Primeiros Auxilios en bebés e nenos. Impartida por Pepe Aguilera, enfermeiro do 061 (28/03/2014)





Un pouco de teoría...
...outro poco de práctica


Graciñas ó pequeno Artai pola súa colaboración! aprendimos moito

Prácticas dun papá voluntario sobre reanimación cardio-respiratoria

Gracias á nosa asesora Majo, por improvisar un espazo para os máis pequechos