miércoles, 9 de abril de 2014

Xornada de actividades 26 abril 2014

Teta e Coliño organiza unha xornada de actividades, tomade nota!!!

SÁBADO 26 DE ABRIL 2014

11:00 h. Cambio simultáneo de pañal de tela (sede non oficial para o Récord Guiness)


12:00 h. Comezo do IV Encontro de Troco (estará dispoñible durante o resto da tarde)


14:00 h. Comida campestre (pic-nic) de familias


16:30 h. Obradoiro de iniciación ó porteo


17:30 h. Entrega de diplomas de lactancia




LUGAR: Asociación de Veciños de Francos (Calo-Teo)

Asistencia libre e gratuíta



CÓMO CHEGAR: 


Desde Santiago
N-550 dirección Padrón
A uns 7 km desde Santiago, veremos o restaurante San Martiño (está á dereita)
Pasamos o restaurante, e xa atopamos o cruce para Faramello e Lampai
Saímos nese cruce á dereita e seguimos a carretera
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San Martiño”
O local está ó lado da capela.


Desde Padrón
N-550 dirección Santiago
Pasamos Picaraña. Onde remata o dobre carril de vehículos lentos, saímos á dereita (dirección Faramello, Lampai), para así cruzar ó lado esquerdo da Nacional
Imos dar a unha carretera comarcal, continuamos por ela.
A uns 200 metros hai un cartel rosa que pon “Capela de San Martiño”
O local está ó lado da capela. 


Se te perdes, chámanos e tentaremos guiarte! teléfono 651111489