jueves, 16 de mayo de 2013

Próximas reunións de maio

Milladoiro: reunións os martes 21 (charla) e martes 28

A Estrada: reunión o mércores 22

Bertamiráns: reunión o xoves 30 (queda CANCELADA a reunión do xoves 23)


lunes, 13 de mayo de 2013

Charla Alimentación Complementaria e Autorregulación

Teta e Coliño ofrece neste mes de maio a súa charla sobre Alimentación Complementaria.

Nesta charla aclararemos por que, cando e como comezar a ofrecer alimentos complementarios ós nosos bebés, repasaremos errores e mitos frecuentes e analizaremos o papel da autorregulación neste proceso. Neste sentido, compartiremos experiencias sobre a alimentación dirixida polo bebé (Baby Led Weaning).

Tamén faremos fincapé no papel que a familia, como elemento principal de socialización para os bebés e nenos pequenos, ten na adquisición de habilidades e transmisión de actitudes relacionadas coa alimentación. 

Por último, recomendaremos enlaces e bibliografía de interese, nos que poder afianzar datos e aprender máis sobre este tema tan interesante.

A charla terá lugar o próximo MARTES 21 DE MAIO, a partir das 16:30 h no Centro Sociocultural do Milladoiro (AMES - A CORUÑA). A asistencia será LIBRE E GRATUÍTA, e non será necesaria a inscrición previa. Como sempre os nenos e nenas serán moi benvidos!!

NOTA: Nesta ocasión sortearemos un exemplar do libro "El niño ya come solo" (Gill Rapley) entre todos e todas as asistentes. Anímate a participar!!

sábado, 11 de mayo de 2013

Banco de Troco

En Teta e Coliño traballamos sen ánimo de lucro en prol das familias, baseándonos nos principios de comunidade e solidariedade, aproveitamento de recursos locais e fomento do ecoloxismo familiar.
Ata o momento  empregamos esta base de traballo  para ofrecer reunións de familias, asesoría en lactancia, apoio na crianza, realización de actividades de interese, colaboracións… e agora temos a satisfacción de compartir con vós unha nova iniaciativa: a posta en marcha do noso BANCO DE TROCO. 

¿Queres saber en que consiste? pincha aquí e descúbreo: BANCO DE TROCO