martes, 23 de octubre de 2012

Programa da inauguración na Estrada

Aquí podedes ver o cartel da inauguración do novo grupo de TETA E COLIÑO da Estrada.

Faremos unha festa ó estilo Teta e Coliño: mamás, papás e pequerrechos/as; unha riquísima merendola (podedes traer algunha pequena cousa para compartir); unha breve charla para coñecernos máis, un contacontos moi especial, e xogos para os máis pequenos! A celebrar este novo punto de encontro, e a disfrutar xuntos da tarde!!

Así que xa sabedes, vémonos o mércores 7 de novembro, a partir das 17:30 h na Sala de Exposicións NovaGalicia Banco (r/ Calvo Sotelo, 9. A Estrada).

Como sempre, asistencia libre e gratuíta.
Compartide con quen pensedes que lle poda interesar!!
 
 

domingo, 14 de octubre de 2012

Seguimos medrando: inauguración do grupo da Estrada

Teta e Coliño comparte con todos e todas vós a nosa última e flamante noticia: abrimos NOVO GRUPO NA ESTRADA!!

Agora mesmo estamos inmersas nos detalles da festa de inauguración, que terá lugar o MÉRCORES 7 DE NOVEMBRO 2012 na Sala de Exposicións NCG (Rúa Calvo Sotelo, 9). 

Por suposto, estades todos e todas convidadas a unirvos a esta celebración, que será de asistencia libre e gratuíta, e contará con obradoiros para os máis peques. En breve subiremos o cartel de actividades!!

Se queres recibir a información de primeira man, escríbenos a tetaecolo@hotmail.com indicando que estás interesado/a nas novidades sobre Teta e Coliño A Estrada.


Semana Mundial da Lactancia Materna 2012 (fotos)

Aquí vos deixamos as fotos deste divertido encontro da tribu Teta e Coliño, celebrando a Semana da Lactancia Materna ó aire libre. Unha fermosa tarde de outubro, chea de luz, música, color... e moita teta para os nosos peques! 

Reencontros e presentacións

Tanto os recén chegados como os máis veteráns celebraron con alegría a SMLM

TETADA COLECTIVA

Todos atentos... a música vai comezar!!
  
Pequenos e grandes percusionistas en acción


Gracias a todas as familias que se achegaron a compartir esta xornada! e un agradecemento especial a Marco, o papá músico que se prestou para o obradoiro de percusión.
Un abrazo a todos e todas, vémonos!!!