jueves, 20 de diciembre de 2012

CURSO DE ASESORÍA EN LACTACIÓN MATERNA



Imaxe de www.doulalaspalmas.com
Tralo éxito da primeira edición, Teta e Coliño ofrece o:


II Curso de Asesoría en
Lactación Materna


Trátase dun curso dirixido a nais de grupos de apoio, asesoras de lactación, estudiantes e profesionais da saúde de sectores relacionados coa saúde, maternidade e crianza; e en xeral, a toda aquela persoa interesada en formarse sobre lactación materna e apoio ás nais lactantes.



A formación constará dos seguintes módulos: 

1. ASESORÍA E COMUNICACIÓN

2. BASES FISIOLÓXICAS DA LACTACIÓN MATERNA

3. CLAVES DA LACTACIÓN EXITOSA

4. RESOLUCIÓN DE DIFICULTADES I

5. RESOLUCIÓN DE DIFICULTADES II

6. SITUACIÓNS ESPECIAIS

7. MANEXO DE LEITE MATERNO

8. ASPECTOS CULTURAIS

9. CRIANZA E ASPECTOS FAMILIARES

10. APOIO Á LACTACIÓN


O curso desenvolverase entre febreiro e xuño 2013, e poderase elixir entre dúas modalidades: 

-Curso on-line (50 horas)

-Curso semi-presencial (60 horas)


Podedes atopar toda a información (temario, inscripción, prezos, etc.) no blog do curso: II CURSO DE ASESORÍA EN LACTANCIA



FORMARSE, APRENDER, ABRIR A MENTE E ACTUALIZARSE
CLAVES DA ASESORÍA EN LACTANCIA

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Vacacións Nadal 2012


Teta e Coliño fará vacacións do 21 DE DECEMBRO ó 7 DE XANEIRO.

Entre estas dúas datas suspéndense as reunións, e minimízanse as visitas domiciliarias (só se realizarán aquelas que resulten de urxencia).

Mantéñense con normalidade os servizos de consulta teléfónica e o correo electrónico.



GRAZAS POLA VOSA COMPRENSIÓN
UN ABRAZO E FELICES FESTAS!!



martes, 18 de diciembre de 2012

Obradoiro de pilates (fotos)

As fotos do noso Obradoiro de Pilates para embarazadas e postparto con bebés do pasado 11 de decembro 2012.


Comeza o obradoiro

Introducción teórica: obxectivos do Pilates
 
 
Exercicios das mamás


Exercicios cos bebés


Exercicios cos bebés


Final do obradoiro


Moitas grazas ás asistentes e ós seus pequerrechos

Grazas a Natalia Gómez por este obradoiro tan interesante, e polas ventaxas que ofrece ás socias de Teta e Coliño no Centro de Acupuntura e Pilates Arume.

Un abrazo a todas!!

martes, 4 de diciembre de 2012

Cambio de local reunión decembro na Estrada

O noso local habitual de reunión na Estrada, a Sala de Exposicións NovaGalicia Banco, acolle estes días unha exposición. Por ese motivo, o Concello trasládanos ó hall do TEATRO PRINCIPAL para esta reunión do 5 de decembro 2012.

O horario será de 17:30 - 19:30 h.

Perdoade as molestias, e difundide ás persoas ás que poida interesar. Graciñas!!

miércoles, 28 de noviembre de 2012

I Xornadas de Crianza Consciente e Coaching Familiar

A Asociación Teta e Coliño colabora con esta interesante iniciativa de IDENTIA Crecimiento Personal y Familiar. As Xornadas están dirixidas a familias a profesionais relacionados coa Crianza e a Educación Infantil, e contarán como prato forte con dúas conferencias de Rosa Jové*.

Ademáis, acollerán interesantes obradoiros sobre crianza e comunicación. O programa completo é o que segue:

10:00 h. Inauguración. Presentación da Escola de Familia

10:30 "Durmir sen lágrimas", con Rosa Jové

11:30 Preguntas e respostas sobre os bebés, con Rosa Jové

12:00 Pausa café

12:30-13:30 Obradoiros simultáneos de crianza:

 -Crianza e Eneagrama: o desenvolvemento da personalidade, con Teresa Hdez. Armentia
 -Crianza sostenible, con Cathy Company

16:30 "Nin conflictos nin rabietas", con Rosa Jové

17:30 Preguntas e respostas sobre os nenos, con Rosa Jové

18:00 Pausa merenda

18:30-19:30 Obradoiros simultáneos de comunicación:

 -Irmáns e amigos, con Susana Rodríguez
 -Constelacións Familiares: entre avoas e nais, con Nelly Rey

*Rosa é nai, Asesora de lactancia materna e Psicóloga infantil especializada en Psicopediatría. Ten publicado libros de gran renome, como "La crianza feliz" e "Dormir sen lágrimas".


DATA DAS XORNADAS: 14 de decembro 2012   LUGAR: Santiago de Compostela
PREZO: 60 €. Desconto socios/as de Teta e Coliño: 15%. Consultar outros descontos aquí (máximo 25%): https://docs.google.com/file/d/0B_fOkt_nF3bbMno2V1YzNndrNkU/edit?pli=1

Aforo Limitado

Máis información en:
http://identiacf.blogspot.com.es/2012/11/i-jornadas-de-crianza-consciente-y.html


domingo, 25 de noviembre de 2012

Obradoiro de Pilates para embarazadas e post-parto con bebés

Xa chega a Teta e Coliño a próxima actividade familiar: obradoiro de Pilates para embarazadas e mamás cos seus bebés, impartido polo Centro Acupuntura e Pilates Arume.

Nesta sesión coñeceremos en que consiste o Método Pilates, e que beneficios nos pode aportar durante este período da vida. Constará de 3 partes:

1. Exposición teórica: que é o Pilates. Os exercicios de Pilates como preparación para os cambios de embarazo e post-parto.  

2. Parte práctica. Exercicios para embarazo e post-parto, que tonifican o corpo, aportando enerxía e equilibrando os cambios. As mamás terán terán a posibilidade de disfrutar xunto ós bebés a través do contacto físico, os movementos e a relaxación. 

3. Explicación sobre técnicas de masaxe infantil. O tacto proporciona ós bebés sensación de seguridad, axúdalles a relaxarse e a estreitar o vínculo afectivo.


O obradoiro terá lugar o MARTES 11 DE DECEMBRO, a partir das 16:30 h
no Centro Sociocultural do MILLADOIRO.


Actividade gratuíta. Non é necesario apuntarse, pero agradeceremos a confirmación de asistencia. Bebés e nenos serán moi benvidos. 

sábado, 24 de noviembre de 2012

Obradoiro de Maternidade e Sexualidade... así foi!

Aquí vos deixamos as fotos e unha pequena explicación sobre o noso obradoiro de Maternidade e Sexualidade.

Trala presentación, comezou a matrona Diana Luque, que fixo un percorrido polos cambios que a sexualidade experimenta durante o embarazo e tras o parto, especialmente durante a lactancia. Comentou que,en xeral, as mulleres-nais experimentan durante o puerperio un descenso da libido, e que nesta etapa síntense máis "sensuais que sexuais".
Recalcou a necesidade de que as parellas coiden a súa comunicación, para que ambos sexan conscientes dos cambios e novas necesidades desta etapa; e que isto favorecerá que as relacións sexuais poidan ser máis satisfactorias. Neste sentido, Diana propuxo superar a xenitalidade e aumentar a afectividade, respectando sempre os tempos que cada persoa necesite neste proceso.

Diana tamén compartiu con nós información sobre fertilidade e métodos anticonceptivos, explicando en que consisten, cal é a súa efectividade, e se son ou non compatibles coa lactancia.


A continuación, contamos coa participación da sexóloga Martina González, que seguiu o obradoiro na mesma liña, incidindo na necesidade de coñecerse mellor a un/unha mesmo/a e á súa parella para lograr unha sexualidade satisfactoria.
Martina falou das principais dúbidas e problemas relacionados co sexo, que na etapa da maternidade/paternidade son molestias ou dolor durante o coito, vaxinismo, falta de desexo, etc. Explicou a conveniencia de previlos; e por suposto, de poñerlles solución unha vez aparecen. A forma de superar estas dificultades reside en cambios a nivel emocional, físico e/ou de xogo de parella, segundo o caso.  
 
Xunto con estas explicacións, foi ofrecendo pequenos consellos, trucos e recursos para acadar unha sexualidade máis divertida; e finalmente presentou un pequeno muestrario de xoguetes sexuais, literatura erótica e varios tipos de bolas chinas, aclarando que estas últimas son útiles para a prevención e o mantemento dun bo ton do solo pélvico, xunto con exercicios Kegel, ximnasia hipopresiva, etc.

Como é habitual, esta tamén foi unha actividade que despertou moi interese entre as familias!! foi tan concurrida que enchemos a sala. Aquí vos deixamos outra fotiño:



Gracias a todas e todos os participantes, en especial a Diana e Martina. Prontiño volveremos con novidades!!!

lunes, 12 de noviembre de 2012

Obradoiro "Maternidade e sexualidade: claves e recursos para disfrutar"

O embarazo, parto, posparto e lactancia son momentos moi intensos e especiais que forman parte da SEXUALIDADE FEMININA. Neles aparecen sensacións descoñecidas, novos vínculos… e tamén novos medos e dúbidas.

O embarazo adoita ser un periodo de sexualidade activa, polo que nos pode sorprender a drástica baixada de libido tras o parto, situación que pode durar bastantes meses. Comprender o papel que xogan en todo isto as hormonas, a lactancia, a propia experiencia do parto; aceptar e asimilar as novas necesidades en cada un dos membros do parella e traballar o noso lado máis emocional, así como coñecer recursos que funcionen como alternativas divertidas pode axudarnos a vivir os cambios con normalidade e dunha maneira sa. De todo isto falaremos coa sexóloga de "Con mucho gusto!", Martina González.

A anticoncepción tamén pode supoñer unha fonte de dúbidas nesta etapa. Son moitos os métodos anticonceptivos que son compatibles coa lactancia materna. De feito, a mesma lactancia funciona como método natural de control da natalidade, sempre que se cumpran certo número de requisitos. A matrona Diana Luque explicaranos de que opcións dispoñemos, para que poidamos escoller de maneira informada.


En resumo, neste obradoiro aprenderemos a coñecernos un pouco máis a nós mesmas, e a asimilar as claves que nos farán vivir a sexualidade de maneira sa e pracenteira, tamén durante a nosa maternidade e lactancia. Non vos perdades esta ocasión!!!


XOVES 22 NOVEMBRO 2012, de 18:00-20:00 h.

Centro Sociocultural de Bertamiráns (Ames)


ASISTENCIA LIBRE E GRATUÍTA. Os nenos e nenas son benvidos
(de existir demanda, organizarase algunha actividade lúdica para nenos a partir de 3 anos)


domingo, 11 de noviembre de 2012

Inauguración grupo da Estrada (crónica e fotos)

O pasado 7 de novembro 2012, Teta e Coliño inaugurou o seu grupo da Estrada. Tivemos unha grande afluencia, maior da esperada! moita curiosidade polo nosos servizos, e unha rápida afinidade entre as familias asistentes. Puidemos contar ademais co respaldo de varias socias das outras sedes, que se desprazaron ata A Estrada para apoiar o nacemento do novo grupo, e que compartiron a súa experiencia sobre Teta e Coliño coas novas mamás.

Tras dar a benvida, lembramos que son os grupos de apoio á lactancia, que facemos, que non facemos, onde estamos e por que existimos. Despois todas as asistentes nos presentamos, tras o cal compartimos unha pequena merenda.

Algunhas das mamás da Estrada están empezando na lactancia. Algunhas relataron unha lactancia satisfactoria, outras consultaron dúbidas ou dificultades.Tamén estaban alí mamás xa máis experimentadas, que seguen aleitando a nenos de 2-3 anos e que de bo seguro terán moito que compartir con todas nós.
E como sempre, pareceunos moi positiva a presencia de varias mamás embarazadas e as súas parellas. Foron informados sobre o Programa de Madriñas de lactancia, e animóuselles a seguir en contacto coa asociación, tanto durante o embarazo como unha vez xa teñan no coliño ó seu bebé.

Esta foi, en definitiva, unha afortunada xornada, con moitas cosas que contar, e cun fermoso e intenso traballo que comezamos dende xa con enerxía. A próxima reunión terá lugar o mércores 5 de decembro, pero ata entón iremos estando presentes en asesorías a domicilio, segundo demanda.

Non queremos rematar a entrada sen os agradecementos ás persoas que puxeron o seu esforzo en que este proxecto fora posible:
-Socias de Teta e Coliño, porque coa vosa aportación e os ánimos que nos transmitides facedes posible que máis mamás e bebés se sigan beneficiando da nosa axuda.
-Concello da Estrada. Concellerías de Sanidade e de Cultura, por recibir con agrado a nosa proposta e colaborar tan activamente na difusión. Gracias tamén pola presencia da concelleira de Educación, que se achegou a compartir a inauguración con nós.

E sen esquecer a colaboración desinteresada do fotógrafo Pablo Camacho, que nos brindou estas bonitas fotos para o recordo:

 



martes, 23 de octubre de 2012

Programa da inauguración na Estrada

Aquí podedes ver o cartel da inauguración do novo grupo de TETA E COLIÑO da Estrada.

Faremos unha festa ó estilo Teta e Coliño: mamás, papás e pequerrechos/as; unha riquísima merendola (podedes traer algunha pequena cousa para compartir); unha breve charla para coñecernos máis, un contacontos moi especial, e xogos para os máis pequenos! A celebrar este novo punto de encontro, e a disfrutar xuntos da tarde!!

Así que xa sabedes, vémonos o mércores 7 de novembro, a partir das 17:30 h na Sala de Exposicións NovaGalicia Banco (r/ Calvo Sotelo, 9. A Estrada).

Como sempre, asistencia libre e gratuíta.
Compartide con quen pensedes que lle poda interesar!!
 
 

domingo, 14 de octubre de 2012

Seguimos medrando: inauguración do grupo da Estrada

Teta e Coliño comparte con todos e todas vós a nosa última e flamante noticia: abrimos NOVO GRUPO NA ESTRADA!!

Agora mesmo estamos inmersas nos detalles da festa de inauguración, que terá lugar o MÉRCORES 7 DE NOVEMBRO 2012 na Sala de Exposicións NCG (Rúa Calvo Sotelo, 9). 

Por suposto, estades todos e todas convidadas a unirvos a esta celebración, que será de asistencia libre e gratuíta, e contará con obradoiros para os máis peques. En breve subiremos o cartel de actividades!!

Se queres recibir a información de primeira man, escríbenos a tetaecolo@hotmail.com indicando que estás interesado/a nas novidades sobre Teta e Coliño A Estrada.


Semana Mundial da Lactancia Materna 2012 (fotos)

Aquí vos deixamos as fotos deste divertido encontro da tribu Teta e Coliño, celebrando a Semana da Lactancia Materna ó aire libre. Unha fermosa tarde de outubro, chea de luz, música, color... e moita teta para os nosos peques! 

Reencontros e presentacións

Tanto os recén chegados como os máis veteráns celebraron con alegría a SMLM

TETADA COLECTIVA

Todos atentos... a música vai comezar!!
  
Pequenos e grandes percusionistas en acción


Gracias a todas as familias que se achegaron a compartir esta xornada! e un agradecemento especial a Marco, o papá músico que se prestou para o obradoiro de percusión.
Un abrazo a todos e todas, vémonos!!!

jueves, 27 de septiembre de 2012

Semana Mundial da Lactancia Materna

Como cada ano por estas datas, xa está aquí a Semana Mundial da Lactancia Materna, do 1 ó 7 de outubro. Nesta ocasión, Teta e Coliño celebrará o evento coas seguintes actividades:

-REUNIÓN DE FAMILIAS Ó AIRE LIBRE

-TETADA COLECTIVA

-OBRADOIRO INFANTIL DE RITMO E PERCUSIÓN

-FOTOGRAFÍAS DE LACTANCIA PARA O CALENDARIO 2013

O encontro terá lugar o xoves 4 de outubro, no parque da rúa Arrucheiro (Bertamiráns), a partir das 17:30 h.

Se o tempo non acompaña, atoparémonos no noso local habitual en Bertamiráns, a sala de usos múltiples da Casa de Cultura.

FELIZ SEMANA DA LACTANCIA MATERNA!!


viernes, 7 de septiembre de 2012

Reunións 2012-2013

En setembro, Teta e Coliño retomamos as reunións de familias, mantendo o horario habitual:

-O MILLADOIRO: martes, 16:30-18:30 h.
-BERTAMIRÁNS: xoves, 18:00 a 20:00 h.


Como ata agora, as reunións terán lugar nas Casas de Cultura das respectivas sedes.

O comezo das reunións terá lugar:
-O Milladoiro: martes 18 de setembro 2012

-Bertamiráns: xoves 20 de setembro 2012


Este ano haberá dúas novidades con respecto á temporada anterior. A primeira é que as reunións do Milladoiro pasarán a celebrarse na aula de usos múltiples, situada na planta 1 da Casa de Cultura (a mesma aula onde se imparten as clases de preparación ó parto).

 
A segunda é que as reunións de Bertamiráns pasarán de ser quincenais a ser semanais. A petición das familias, a partir de agora verémonos todos os xoves do mes!


Non vos perdades a inauguración da temporada!
un abrazo a todos e todas, alí nos vemos!!


domingo, 29 de julio de 2012

Merendola xullo 2012 (fotos)


A merendola-obradoiro de verán foi... todo un éxito!! unha gran asistencia de mamás e papás, bebés, nenos e nenas. Unha tarde divertida na "tribu Teta e Coliño", con momentos para todo... e tantos postres caseiros que non nos deu tempo a probalos todos!!

Aquí podedes ver un pequeno resume en fotos:


XA VAN CHEGANDO AS FAMILIAS... QUE BEN SE ESTÁ Á SOMBRIÑA!!



 
OS NENOS E NENAS PREPARAN UNHA SUPER MACEDONIA



OBRADOIRO DE NUDOS DE FULAR: O PRE-ANUDADO DO FULAR ELÁSTICO


Fular 100% algodón
  
Fular de algodón + elastano


NUDOS DIANTEIROS CON FULAR TECIDO


Comezo do nudo de cuna


Cruz envolvente

Dobre cruz

NUDOS TRASEIROS: CANGURO E DOBRE HAMACA





QUEDÁMONOS DE RELAX... A ÚLTIMA HORA DA TARDE, NON DAN GANAS DE MARCHAR!!



E MENTRES TANTO, NENOS DE TODOS OS TAMAÑOS DISFRUTAN DO CIRCUÍTO DE PSICOMOTRICIDADE!


Graciñas a todos e todas aqueles que coas vosa presenza, ideas e ánimos facedes posibles estes momentos!!

sábado, 14 de julio de 2012

Merendola ó aire libre + obradoiro de fular

O vindeiro MARTES 17 DE XULLO, a partir das 18:00, celebraremos unha REUNIÓN-MERENDOLA Ó AIRE LIBRE!

Aproveitaremos tamén para organizar un OBRADOIRO DE PORTEO CON FULAR, para aprender un pouco máis sobre os diferentes nudos.
Para os máis pequenos, haberá xogos e obradoiros. E trala merenda,un pequeno sorteo de regaliños.


Esta xuntanza será en Bertamiráns, no parque da rúa Arrucheiro. É un parque con zona de céspede, parque infantil e un paseo á beira dun regato. Alí buscaremos a sombriña!
Neste plano, sinalamos o parque cun X.

A asistencia é libre e gratuíta, só pedimos que cada familia aporte algo para merendar, e unha toalla.

Tanto se sodes habituais das nosas reunións, como se vides de tarde en tarde, ou é a vosa primeira vez... ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!! Compartiremos entre todos unha agradable tarde familiar de merenda, charla e xogos.



miércoles, 4 de julio de 2012

Obradoiros de xuño 2012: fotos

INICIACIÓN Ó PORTEO. Con Aloumiños de Leite.
Lalín, 20 de xuño 2012


 
 
 
Fular elástico
 
Fular tejido
 
Bandolera de anillas

Mei-tai
 
Mochila


ALIMENTACIÓN COMPLEMENTARIA E AUTORREGULACIÓN. Bertamiráns, 21 de xuño 2012