lunes, 30 de mayo de 2011

PRIMEIRA ASAMBLEA XERAL DE TETA E COLIÑO

Gracias a todas e todos os que participastes na nosa primeira Asamblea o pasado martes 24 de maio. Ós que non viñestes, botámosvos de menos!

Estas son as conclusións ás que chegamos:

AS NOSAS TETACOLEIRAS, DEBATINDO E TETEANDO
Estes meses de actividade de Teta e Coliño caracterizáronse pola rápida posta en marcha deste fermoso proxecto, pola cantidade de nais atendidas, pola multitude de propostas e pola conformación dun grupo máis ou menos fixo de asistentes. 

A Xunta Directiva expresa o seu desexo de continuar nesta liña de actuación, posto que os resultados están sendo satisfactorios: xa contamos cunha lista de problemas de lactancia resoltos, os talleres son acollidos con interese e as nosas compoñentes están cada vez máis capacitadas para o apoio e asesoramento das novas nais.

A ZONA MÁIS DIVER DA ASAMBLEA
Os obxectivos para os meses vindeiros son continuar dándonos a coñecer, seguir aprendendo mediante talleres e novos casos que nos cheguen, concentrar esforzos na prevención e na atención precoz de dificultades, e seguir afianzando a consistencia e o compromiso do grupo. 

Pronto vos faremos chegar a acta completa de decisións e  proxectos.